Rafael Quintía: “a relación entre a vida e a morte en Galicia non é un tema tabú”

Rafael Quintía, membro e fundador da Sociedade Antropolóxica Galega(SAGA), concedeu unha entrevista radiofónica a unha emisora vasca, ” Hala Bedi Irratia”, onde falou sobre a relación tradicional galega entre vida e morte.  Ademáis fixo referencia ás principais zonas de culto da comunidade e falou da costume europea “Halloween” que se extende cada vez máis na sociedade.

A entrevista céntrase na tradición galega arredor da morte, e en todos os ritos que,na comunidade, atópanse amplamente extendidos, ata o punto de que o entrevistado afirma que: ” a relación entre a vida e a morte en Galicia non é un tema tabú”.

Nesta primeira parte da entrevista o propio Rafael defende esa importancia da fé,sobretodo na crencia das ánimas e da vida “máis alá” .  Salienta o mes de novembro, xa que moitas destas festas vincúlanse coa natureza e con este mes, debido á época do ano,donde hai menos luz e máis asociada, dende o punto de vista símbolico, á morte.

12479-ESP-La_Coruna-San_Andres_De_Teixido
San Andrés de Teixido, A Coruña.

Rafael Quintia fala de algúns lugares de peregrinaxe moi asociados a tradición, como San Andrés de Teixido, situado na costa galega de A Coruña, que destaca tanto pola súa localización, como polo forte sentimento relixioso propio do lugar,que atrae gran cantidade de fieis ademáis de ser un punto turístico moi relevante en Galicia.

 

Por último,a entrevista céntrase na revitalización do “Samaín” , dende hai uns anos, sobre todo no ámbito urbano, xa que no rural aínda se mantiña. Esta festa tradicional de honra aos difuntos,aínda que propia da nosa cultura, foi adaptada de maneira máis “burlesca”  en norteamerica co nome de “Halloween”,o que,  como di o propio entrevistado, fai que perda o ser verdadeiro significado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s