Xosé Luís Vilela Conde: ” A publicidade está migrando aos novos medios polo que cada vez hai menos ingresos”

Vilela Conde, director de  La Voz de Galicia  falou o pasado  luns, nunha conferencia organizada no museo que posúe a propia entidade nas instalacións de Arteixo ( A Coruña), sobre as dificultades dos medios tradicionais á hora de manter os ingresos. Mencionou tamén que, o  xornal que dirixe,e  que conta con 14 edicións para cubrir os as diferentes zonas da comunidade, naceu para dar voz ao pobo galego, e que , a pesar de ser o cuarto xornal máis vendido de España, devaluouse internamente cuns grandes recortes salariais no  ano 2013.

O pasado 26 de marzo o xornal  La Voz de Galicia  cumpría 135 anos mantendo a súa posición como cuarto xornal máis vendido de España, a pesar disto,o director do mesmo, Vilela Conde, asegurou que os ingresos reducíranse considerablemente co paso do tempo, debido a evolución e aparición de novas plataformas, como Internet, onde o xornal ten presenza dende hai 17 anos, unha iniciativa que xurdiu vencellada ao Día das Letras Galegas  e en honor ao escritor Manuel Murgía. Tamén  destacou o cambio na publicidade, que xa non necesita o respaldo dos xornais e que cada vez é máis barata. Esta falta de ingresos levou a que na sede de La Voz De Galicia en Arteixo se compartan rotativas con outros xornais da comunidade como,  Diario de Arousa  ou incluso con xornais de panorama nacional como Diario As, cuxa sede está en Madrid.

vhghgfgf
Sede de La Voz de Galicia en Arteixo, A Coruña.

Na conferencia celebrada o pasado luns 17 de abril, Xosé Luís Vilela Conde asegurou que  La Voz de Galicia  apareceu como un medio que pretendía ” ser o xornal de toda Galicia” e así dar voz a unha comunidade enteira.  Isto leva a que actualmente conte con 14 edicións repartidas por todo o territorio: Coruña, Santiago, Ferrol, Barbanza, Carballo, A Mariña, Lugo, Vigo, Pontevedra, Arousa, Bergantiños, Deza, Monforte de Lemos, Ourense e ademais a edición Madrid que se edita na propia capital española co obxetivo de mostrar achegamento aos lectores. O director presumiu de dirixir un xornal plural a pesar de que este naceu unido a ideais  republicanos, progresistas e librepensadores.

O medio  contou tradicionalmente coa colaboración de moitas figuras destacadas a nivel intelectual do panorama galego.  Manuel Murgía ou Emilia Pardo Bazán foron columnistas do mesmo na etapa inicial do xornal. Na conferencia destacou con certa relevancia o nome de Carlos Casares, quen colaborou integramente ata o mesmo día da súa morte nunha das columnas de La Voz de Galicia. O xornal é a cabeceira da Corporación Voz de Galicia, o grupo multimedia líder na comunidade, con presenza en todos os campos da comunicación e do que forman parte Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe, Canal Voz, V Televisión, Disgasa, Gaesa y www.lavozdeasturias .

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s